martes, 27 de marzo de 2018

RESULTADOS XORNADA 24-25/03/2018

O equipo Cadete Femenino CB Grove Amalfi perdeu na casa ante o Rio Ulla por 52 - 65. Partido marcado por un mal terceiro cuarto, parcial de 6-16 onde as numerosas personales das nosas xogadoras non permiteu unha defensa máis forte o que foi aproveitado polo equipo rival para intentar recuperar no último cuarto, pero podemos estar orgullosos do noso equipo que rompe a súa racha despois de  victorias seguidas.
CB GROVE "AMALFI"  52 - ESTRUGASA RIO ULLA  65. Xogaron: Uxía, Nati, Natalia, Antía, Lucía, Arantxa, Camila e Irene.
Marcadores: 11-19 e 17-16, 28-35 descanso, 6-16 e 18-14. Final.
O Cadete Masculino gañou no seu desprazamento a Vilagarcía ante un rival moi peleón que nunca se rindeu por un axustado 46-49.
SIGALTEC "N"  46 - CB GROVE "TURIMARES" 49. Xogaron: Alberto, Mateo, Xoan, Lois, Lucas, Pablo, Noel, Juan C e Pedrito.
Marcadores: 13-10 e 8-16, descanso 21-26, 11-13 e 14-10. Final.
xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx
"TORNEO DE LEÇA DA PALMEIRA-MATOSINHOS-PORTUGAL"
Éxito do equipo Mni Mixto Sub 12 -10, formado por xogadores de mini e premini que participaron este pasado fin se semana en Leça, onde o máis importante foi o ben que o pasaron, tanto xogadores como familiares. Ésta é unha das funcións do CB Grove, fomentar a convivencia con equipos de outros lugares e que cada ano nos invitan máis polo noso facer e comportamento.
Lucía, Mar, María U, Cayetana, Alba, Claudia A, Marta e David, Julia non pudo xogar por estar lesionada, competiron dignamente ante equipos moi superiores fisicamente e todos Mini Sub 12, onde fumos superiores en calidade e forma de xogar, gañamos tres partidos e perdemos outros tres, puderonse gañar máis, pero o importante era que xogaran todos, que colleran confianza e sigan practicando o que aprendes nos adestramentos. A melloría e cada vez maior.
Agora a esperar o Torneo da Festa das Cruces en Barcelos os días 27-29 e 29 de Abril onde nos desprazamos cos equipos Mini Femenino e Mini Mixto e tivemos que renuncias a varios por estar moi próximos un de outros, o día 1 de Maio era en Ponte da Lima, e de Povoa porque coincide coas comunións, pero o de Maia a finales de Xuño alá estaremos con un equipo Mini e outro Premini.
¡¡¡FORÇA  GROOVE!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario