lunes, 8 de mayo de 2017

RESULTADOS CB GROVE

Resultados varios nestas xornadas pasadas que tivemos e que non pudemos publicar por estar preparando o Torneo de Barcelos. Estos foron os seguintes:
CADETE FEMENINO (Copa Arousana):
CB DORNA 31 - CB GROVE  AMALFI 58. Xogaron: Uxía, Olgui 4, Antía 30, Arantxa 17, Irene e Ari 7.
Marcadores: 4-12 e 14-14, descanso 18-26, 7-13 e 6-19. Final 31-58.
Arbitros Srs. Escaríz e Cores. Ben.
Gran partido a pesares de dispor de 6 xogadoras as cales fixeron un gran partido. Darlle as grazas polo esforzo que tiveron que facer as xogadoras que se impuxeron na Illa de Arousa o Dorna.
CB GROVE AMALFI  50 - SIGALTEC  32. Xogaron; Uxía 4, Olgui, Antía 8, Natalia 2, Arantxa 30, Irene 4 e Ari 2.
Marcadores: 12-2 e 8-7, descanso 20-9, 15-10 e 15-13. Final 50-32.
Arbitros. Sr. Leal. Ben.
Nova victoria do CB Grove Amalfi ante un equipo que nunca se deu por perdido pelexando ata o final e non dando nunca un balón por perdido. As nosas xogadoras fixeron un partido moi completo, sobre todo nos tres primeiros cuartos, onde acadaron unha diferencia de 16 puntos que daba tranquilidade de cara o final do encontro.
ESTRUGASA RIO ULLA  50 - CB GROVE AMALFI  47. Xogaron: Uxía 2, Antía 17, Arantxa 16, Irene 6, Olgui 4 e Ari 2.
Marcadores: 12-9 e 12-16, descanso 24-25, 13-14 e 13-8. Final; 50-47.
Árbitro Sr. Rivadulla.Ben.
Derrota do CB Grove no seu desprazamento a Pontecesures polos erros cometidos nos minutos finais motivados polo cansanzo o ir solo con 6 xogadoras que durante tres cuartos tiveron dominado o partido e se veían gañadoras a falta de tres minutos con unha diferencia de 6 puntos e polo xogo que estaban a realizar. A exclusión de Olgui por faltas no inicio do terceiro cuarto, fixo que tiveran que xogar ata o final as 5 compañeiras que quedaban e Arantxa e Irene o borde da exclusión xogando con 4 faltas o que non permitía defender un pouco máis forte. Temos que agradecer o seu esforzo. Grazas gherrilleiras.
INFANTIL MASCULINO (Fase de Ascenso de Campións de Liga):
SALESIANOS GLP ABOGADOS  60 - CB GROVE TURIMARES 62. Xogaron: Adrián, Alberto 12,  Xoan 12, Lois 32, Guille 4, Lucas 2, Pablo, Raúl, Xavi e Isai.
Marcadores: 18-17 e 21-11, descanso 39-28, 14-15 e 7-19. Final 60-62.
Árbitros Srs: Gil e Venetucci. Ben.
Gran remontada dos nosos jabatos que empezaron moi ben para no segundo cuarto cometer moitos fallos e defender floxo sen intensidade e que non ultimo cuarto de traballo, sacrificio remontaron 8 puntos a falta de tres minutos chegando a falta de 8 segundos empatados a 60 ptos e posesión de banda que tras o tempo morto solicitado levaron a practica o falado acadando a canasta gañadora neste primeiro partido da fase de ascenso de Campións de grupo. Agora temos que ir a Ourense para xogar contra o Carmelitas Aceite Abril e recibir o Rosalía de Castro de Santiago. Temos moitas posibilidades de xogar a fase final pero temos que traballar moi duro este mes.
PREMINI FEMENINO:
O MECO  37 - CB GROVE TAPERÍA ALDARA 52. Xogaron: Cayetana 19, Sofía 2, Marta 20, Mar, Claudia A 7, Zaira, Xiana e Sabela.
Marcadores: 8-7, 11-6, 2-9, descanso 21-22, 11-2, 0-10 e 11-18. Final 37-52.
Gran victoria das nosas pitufiñas que non notaron as baixas que tiñamos. O partido estivo moi igualado nos inicios pero o final impuxose a calidade das nosas xogadoras. Victoria dedicada a Jimena para que se recupere pronto
CB GROVE TAPERÍA ALDARA  65 - SIGALTEC SPARKS  20.Xogaron: Sandra 34, Cayetana 10, Marta, Mar, Claudia A 15, Xiana, Sabela 6, Zaira, Icía e Sofía.
Marcadores: 23-0, 0-12 6-2, descanso 29 - 14, 16-0, 6-2 e 14-4. Final 65-20.
Nova victoria das pitufiñas que estan a amosar que son un dos millores equipos da Liga, tanto por calidade como por xogo en equipo onde destaca a súa campitana Sandra moi ben axudada polas suas compañeiras que o dan todo en cada partido. Grazas campionas.
PREMINI MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES  68 - GIRALDO CB 07  30.Xogaron: Nasir 4, David 22, Mauro 22, Anxo 2, Matías 2, Aaron, Niko 16 e Daniel C.
Marcadores: 22-4, 12-4 e 12-6, descanso 46-14, 6-4, 4-8 e 12-4. Final 68-30.
Arbitro Noel. Ben.
Nova victoria de un dos mellores equipos da competición a pesares das baixas de Raúl, Iago e Daniel B. Os nosos jabatos dominaron o encontro dende o inicio donde foron superiores os seus rivais, equipo que dou a cara en todo momento. Moi ben rapaces.
ESTUDIANTES PONTEVEDRA  40 - CB GROVE TURIMARES 46. Xogaron: David, Raúl, Mauro, Matías, Nasir, Niko, Iago, Daniel B e Daniel C.
Marcadores: 4-12, 2-8, 14-8, 10-4, 6-2 e 4-16. Final 40-46.
Arbitro Sr. Rivadulla. Bemn.
Nova victoria en partido adiantado polo desprazamento do equipo o Torneo de Barcelos ante un equipo que viña de realizar bós partidos, pero que non puderon coa gran labor de Raúl, David, Mauro e Niko, un dos mellores cuartetos da Liga por calidade e fundamentos, moi ben axudados polos seus compañeiros que o deron todo para lograr a victoria.
CB GROVE TURIMARES  58 - SIGALTEC DREAM  25. Xogaron: David 16, Mauro 14, Raúl 16, Matías 8, Daniel B 6, Niko 2, Iago, Nasir 2 e Daniel C.
Marcdores: 14-2, 14-7 e 10-0, descanso 38-9, 10-9, 6-7 e 4-0.
Árbitro Sr. Noel. Ben.
Un gran partido o realizao polos nosos xogadores que cada día nos estan amosando unha gran melloría. A súa calidade vai en aumento e o seu xogo en equipo mellora moito. Esto é grazas o seu traballo nos adestramentos onde se eforzan para ser millores cada día. Ese é o camiño rapaces.
¡¡¡FORÇA GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario