jueves, 27 de abril de 2017

TORNEO FESTA DAS CRUCES - BARCELOS

O próximo día 28 saimos hacia Barcelos - Portugal para participar no XXIII TORNEO FESTA DAS CRUCES. Por quinto ano consecutivo o Clube Baloncesto OGrove vai participar nun Torneo moi importante na zona norte de Portugal ante equipos de un gran nivel e onde sempre fomos moi ben tratados polos organizadores e competimos moi dignamente sen importarnos o quedar campións ou non, logramolo as cinco  veces que participamos, pero para  o CB OGrove o máis importante son as grandes amizades que temos logrado entre todolos equipos que participamos onde todos queren que participemos nos seus Torneos, dende o Norte ata o Centro, de Valença a Lisboa, pero non podemos atender a todos porque non nos dan as datas.
Os equipos que participan son o Mini Femenino, CB Grove "Amalfi" e un Mixto Masculino de Minis e Preminis, CB Grove "DabyzSoft". Estos son os que nos desprazamos acompañados polos seus pais:
CB GROVE "AMALFI": Lucía Benavides, María Doval, María Ucero, Claudia Blanco, Lía Castro, Julia Bastos, Zaira Sanmartín, Sandra Lamelas, Cayetana Lis e Claudia Aguín.
CB GROVE "DABYZ SOFT": Adrián Caneda, Raúl Lamela, David Benavides, Mauro Caneda, Ian Aguiño Iago Figueiro, Daniel Blanco, Daniel Callón e Niko Bastos.
Imos disfrutar do Baloncesto durante dous días e dunha Vila que sempre nos recibe cos brazos abertos e moi bonita e que está en Festas, onde pola noite iremos dar uns paseos e disfrutar das atraccións.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario