miércoles, 19 de abril de 2017

TORNEO DON BOSCO - OURENSE

O Clube Baloncesto O Grove ven de participar no VI Torneo Don Bosco en Ourense cos seguintes equipos;
MINI FEMENINO, onde o CB Grove "Amalfi" acadou o 5º posto en xeral e 3º en categoría femenina, enfrentandose os equipos Salesianos de Vigo, CB Noia, Don Bosco "Rosa", Universitari de Ferrol. 
Moi positiva a experiencia adquirida polas nosas xogadoras que se enfrentaron a equipos máis fortes e de escuelas con máis experiencia, pero competiron e deron sempre a cara como "gherrilleiras" que son. Pouco a pouco imos facendo un equipo competitivo de cara a próxima temporada, pois son todas moi novas e temos varias preminis que poden xogar perfectamente con elas dando así un impulso moi grande. Agora o próximo compromiso son os días 28,29 e 30 de Abril no Toreno das Cruces en Barcelos - Portugal, onde sempre somos ben recibidos e tratados polo CB Barcelos.
Xogaron plolo CB Grove "Amalfi": Lucía, Julia, Zaira, Claudia, Noa, María Doval, Luci, Maria Ucero e Lía, dirixidos por Samuel e Uxía.
PREMINI FEMENINO,  nesta categoría o CB Grove "Tapería Aldara" foi un equipo moi competivivo coas xogadoras máis habituais que baixaba o rendimento cando xogaban as novas incorporacións, pero deron a cara en todo momento e o 4º posto foi un éxito ante equipos como o Universitari de Ferrol , Bosco "Verde" e CB Noia. para nos cruces enfrentarse o Bosco "Amarillo".
O equipo estivo formado por: Sandra, Cayetana, Patricia, Zaira Alvarez, Xiana, Marta e Jimena. Este equipo estivo dirixido por Manolo e Irene.Temos futuro e iso é o máis importante.
PREMINI MASCULINO, o Cb Grove "DabyzSoft" proclamouse Subcampión ante equipos superiores fisicamente e perderon a final por un axustado 48-44, onde o anfitrión Don Bosco aproveitouse dos cuartos onde xogaban os novos xogadores que se iniciaron fai pouco, pero nunca superaron o cuarteto formado por Raúl, David, Niko e Mauro, que foron moi ben axudados por Nassir, Daniel Blanco, Daniel Callón e Aaron que baixo a dirección de Manolo "Campaña", competiron moi dignamente e o máis importante foi o gran día de Baloncesto que pasamos todos xuntos: xogadores, adestradores e familiares, disfrutando do que máis nos gusta. Experiencia positiva que repetiremos no Torneo de Barcelos o igual que o Mini Femenino, aquí levaremos a Adrián, Ian e Raúl, pois xa competimos na categoría Sub 12 anida que sexamos duas xeracións máis pequenas, o que queremos e disfrutar e dar un premio o realizado durante toda a temporada.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario