martes, 11 de abril de 2017

RESULTADOS XORNADA 8-9/Abril/2017

Gran fin de semana para os nosos equipos onde o máis destacado foi que o equipo Infantil Masculino sen perder partido, o CB GROVE "TURIMARES" quedoú CAMPIÓN da Liga 2016-17 o gañar na casa o Meco por 55-53 despois dunha gran remontada e un gran esforzo defensivo  ante un equipo máis físico que empezou moi forte, 2-16, aproveitando os nervos dos nosos xogadores que non encontraban o seu ritmo de xogo, para así facelo e manter un partido moi igualado ata o final, onde a calidade de Lois, o gran campitán, se impuxo para darnos unha gran victoria é un título máis o gran palmarés que tén o CB Grove durante estos máis de cuarenta anos de existencia e rematar imbatidos, 18 partidos xogados e 18 gañados.
¡¡¡Bravo CAMPIÓNS por facernos tan felices!!!
Empezamos o sábado a maña coa victoria do Premini Masculino, CB Grove "DabyzSoft" en Vilagarcía ante o CLB Sigaltec Timberwolves por 26-37 onde os nosos "jabatos" fominaron o encontro, e a continuación, victoria do Premini Femenino, CB Grove "Tapería Aldara" ante o Giraldo CBV Mixto por un claro 13-63 amosando as nosas "pitufiñas gherrilleiras" unha gran superioridade ante un equipo que perdera poucos partidos.
O sábado a tarde xogaba o equipo Cadete Femenino, CB Grove "Amalfi" ante o Meco que se impuxo por 46-31 aproveitando os numerosos fallos das nosas xogadoras e que tiveran 4 faltas Arantxa, Antía e Irene o descanso, 22-18, para no inicio da segunda parte lograr un parcial de 17-6 o non poder defender fuerte, e irse no marcador, 39-24 e intentalo no último cuarto onde chegamos a acercarnos a 10 puntos, pero as exclusións e o cansanzo, debilitaron o equipo que quedou con 4 xogadoras en pista pelexando ata o final
O domingo a tarde chegou a victoria do Mini Femenino, CB Grove "Amalfi" en Pontevedra ante o CAB 2006. O partido estivo moi entretido, moi pelexado que acabou en empate a 30 para xogar unha prórroga onde as "gherrilleiras" gañaron 1-2, para rematar o partido 31-32 dando así por finalizada a Temporada 2016-17 a espera dos Torneos que nos quedan: Ourense, Barcelos, Santiago e Maia.
INFANTIL MASCULINO. ¡¡¡CAMPIONS 2016-17 !!!
CB GROVE "TURIMARES" 55 - O MECO 53. Xogaron: Adrián, Alberto 7, Xavi, Xoan 14, Lois 25, Guille, Anxo, Lucas 4, Pablo 5, Raúl e Isais.
Marcadores: 13-19 e 16-8, descanso 29-27, 13-16 e 13-10. Final 55-53
Árbitro Sr. Navia, 17 faltas o CB Grove e 17 os visitantes.
Remate da Temporada 2016-17 con victoria e Campionato para o CB Grove "Turimares" sen perder partido, amosando sempre unha gran superioridade sobre os seus rivais, excepto en este partido que estivo moi igualado e onde os nervos xogaban moito, dous equipos invictos a pola victoria. Empezaron os visitantes moi fortes 2-16, aproveitando os nervos dos nosos xogadores para despois dun tempo morto do adestrador M "Campaña" ben axudado por Eric e Kampa, orientando o equipo polo camiño axeitado, empezaron a xogar como saben e igualaron o primeiro cuarto 13-19, para no segundo lograr un parcial de 16-8, que daba vantaxe no marcador chegando o descanso 29-27.Tras o descanso, empezaron os nervos novamente o verse que podían gañar e se adiantaba o Meco 42-43 para xogar un último cuarto intenso onde a calidade de Lois se impuxo sempre moi ben axudado polos seus compañeiros facendo todos un gran esforzo defensivo apoiados dende o bañquillo polos seus compañeiros, para defender a renda de 5 puntos que tiñamos a falta de 1'40'' para finalizar.
Grazas rapaces por ser tan grhandes e confiar na victoria ata o final.
CADETE FEMENINO:
O MECO 46 - CB GROVE "AMALFI" 31. Xogaron: Uxía 5, Olgui 7, Antía 5, Natalia 4, Arantxa 10, Irene e Arí.
Marcadores: 12-7 e 10-11, descanso 22-18, 17-6 e 7-7. Final 46-31.
Árbitros Srs. Blanco e Leal. 20 faltas as locais e 24 o CB Grove.
Gran partido a pesares da derrota, das nosas xogadoras que nunca se deron por rendidas a pesares de xogar durante moito tempo coa exclusión o borde. Solo os fallos en situacións fáciles de canasta, nos privou da victoria.
MINI FEMENINO:
CAB 2006 INMOPONTE 31 - CB GROVE "AMALFI" 32. Xogaron: Cayetana 2, Sandra 9, María D 6, Noa, Claudia A 2, Luci F, Julia 7, Lucía B 6, Lía e Clara:
Marcadores: 2-6, 6-2, 5-8, descanso 13-16, 8-6, 5-4 e 4-4, (30-30) Prórroga: 1-2. Final 31-32.
Partido moi igualado o disputado no Pavillón Principe Felipe de Montecelo, onde as nosas xogadoras se despediron da Temporada con victoria. Grazas "gherrilleiras". Agora a disfrutar dos Torneos como premio.
PREMINI FEMENINO:
GIRALDO CBV MIXTO  13 - CB GROVE "TAPERÍA ALDARA" 63. Xogaron: Cayetana 8, Sandra 32, Jimena, Sofía 3, Mar 4, Claudia 12, Zaira 4 e Xiana .
Marcadores: 0-16, 4-39, 5-49, 4-4 e 0-9. Final 13-63.
Superioridade das nosas "Pitufinas Gherrilleiras" que cada día se van superando, Zaira xa consigueu meter canastas, 4 ptos. e Sofía xa acerta cos tiros libres, 3 de 4 lanzados, un alto porcentaxe. Podemos estar orghullosos de como avanzan partido a partido.
PREMINI MASCULINO:
CLB TIMBERWOLVES 26 - CB GROVE "DabyzSoft" 37. Xogaron: Iana 4, David 13, Mauro 11, Raúl 8, Matías, Daniel B 3, Niko, Daniel C, Iago e Nasir.
Marcadores: 8-5, 8-6, 2-3, descanso 18-14, 4-6, 2-8 e 2-9. Final 26-37.
Gran partido do equipo que empezaron regualres na primeir parte para na segundo impoñerse claramente o seu rival. Grazas "gherrilleiros".
¡¡¡ FORÇA GROVE CAMPIÓN!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario